Plataforma Galega Antitransxénicos
En Galicia temos opinión do mundo

E-mail Web


Volver
Silvia Ribeiro

Silvia Ribeiro é investigadora e responsable de programas do Grupo ETC na oficina de México. Foi xornalista e organizadora de campañas no tema ambiental en Uruguai, Brasil e Suecia.

Ten gran experiencia no traballo social e ambiental. Como representante da sociedade civil, seguiu as negociacións de diversos tratados ambientais de Nacións Unidas. Tamén foi oradora en moitos eventos da sociedade civil internacional en todo o mundo, falando do problema dos transxénicos e outras novas tecnoloxías; concentración corporativa, propiedade intelectual, dereitos dos pobos indíxenas e dos labregos.

Silvia tamén escribiu gran número de artigos sobre estes temas que se publicaron en revistas e libros en América Latina, Europa e Norteamérica. É columnista do diario La Jornada en México e membro do comité editorial da revista latinoamericana "Biodiversidade, sustento e culturas", publicada por GRAIN e REDES-AT, a revista española Ecoloxía Política e outras.